No fondo
By raquelcoutoantelo
52
0
0
  • Adventure
  • aventuras
  • galego
  • misterio
  • novela
  • raquelcoutoantelo

Description

Un maremoto asulaga A Coruña, polo que toda a poboación se traslada á área metropolitana, deixando o que antes se coñecía como A Coruña abandoada; para forzar á pouca xente que se resiste a deixar as súas casas decrétase a zona cero e cancélanse os suministros. Emporiso, esa pouca xente sobrevive con negocios pintorescos que atraen ó turismo cando baixa a marea ou recuperando cousas que quedaron atrapadas na zona asulagada. Dentro deste último grupo está Xiana, que aproveita moi ben os recursos que lle ofrece a nova situación. Un día que está a caza de clientela tropeza "por casualidade" con Ramón, un antigo mozo. Ramón é un policía que está pasando uns días de vacacións na cidade cuns compañeiros de traballo. Convida a Xiana a sentar á mesa con eles e saca, de novo "por casualidade", o tema da lenda do tesouro da Caixa Universal. A lenda di que no soto da oficina central da Caixa Universal, agora asulagada, hai moreas de moreas de billetes á espera de que alguén vaia por eles. Xiana ri deles, di que é un conto para turistas pero Ramón insiste ate que Xiana cae na tentación de ir comprobalo. Podes descargar a novela de balde en: https://www.bubok.es/libros/172734/No-fondo

Anuncio

Continue Reading on Wattpad
No fondo
by raquelcoutoantelo
52
0
0
Wattpad